O 17 de Maio, celébrase o Día das Letras Galegas adicado nesta edición de 2020 a Ricardo Carvalho Calero pola súa labor como escritor, crítico literario, filólogo e lingüista.
Aínda que neste ano a celebración oficial foi aprazada ata o día 31 de outubro, dende o Concello de Viana do Bolo, non queremos esquecernos dunha data tan importante para a nosa cultura, polo que organizamos unha serie de actividades para toda a veciñanza co obxectivo de defender e querer a nosa lingua:
- RELATOS DENDE O CONFINAMENTO, dirixidos á rapazada do CEIP Bibei, que conta cunha importante dotación económica a repartir entre todos/as os/as participantes, co obxectivo de reactivar o comercio local
- Campaña “DEFENDE O GALEGO”, coa que animamos a toda a veciñanza a pendurar a bandeira galega o día 17 e colocar nos balcóns e fiestras unha serie de carteis da campaña “Queremos Galego”, que se repartirán dende o concello, a quen asi o solicite. Tamén se repartirán láminas para colorear, para os/as cativos/as.
- AUTORES/AS DE VIANA HOMENAXEAN A CARVALHO CALERO mediante a lectura dalgúns dos seus poemas, os vídeos serán publicados nas Redes Sociais do Concello durante a fin de semana do 16 e 17 de maio.

