Nace COMPROENVIANA.COM.

Páxina web da actividade comercial e industrial de Viana do Bolo

 

O Concello de Viana lanza a paxina web comproenviana.com.

Iniciativa a que se poderán adherir de forma gratuíta todos as empresas e negocios que teñan establecemento ou desenrolen a súa actividade comercial en Viana do Bolo

Presentamos a web comproenviana.com patrocinada e costeada polo concello de Viana do Bolo. Unha iniciativa que pretende por unha ferramenta mais a disposición do sector comercial e industrial de Viana do Bolo para que sirva de escaparate dos seus produtos, dos servizos, en definitiva para mostrar todo o que pode ofrecer Viana do Bolo. E todo elo de xeito gratuíto.

Tamén queremos que esta web sirva de referencia aos consumidores tanto de Viana do Bolo e a súa comarca, como os visitantes ou como non, facelo universal a traveso da rede.

Dende o concello pretendemos por o noso gran de area para revitalizar a economía de Viana do Bolo, despois do desastroso impacto económico da pandemia do coronavirus. Animamos a todos os sectores económicos a participación para facer unha ferramenta útil para os seus establecemento e actividades e que poda servirlles para mellorar o coñecemento e as vendas dos seus respectivos negocios. Lembrar que terá custe cero para os negocios.

Para poder participar hai que dirixirse ao correo electrónico directoriovianadobolo@gmail.com e mostrar a disposición de participar e tamén no numero de teléfono 616378145. Esperamos que no prazo dun mes podamos pola web en funcionamento

Agora más que nunca tense que apoiar o comercio local. A páxina web será un escaparate da oferta comercial de Viana, polo que se converterá nun elemento de comunicación moi importante. As ferramentas informáticas son un instrumento útil na xestión e difusión de información

A creación da web é unha proposta de Cristina Fernandez e Jason Heaver, asumida polo concello de Viana do Bolo. Cristina e natural de Viana, os dous residen en Viana e son polo tanto grandes coñecedoras do noso concello.

A web incorporará:

  • Directorio de industrias, comercios, restaurantes e outros servizos de interese para o consumidor
  • Horarios de apertura dos comercios.
  • Links a páxinas web e redes sociais.
  • Produtos
  • Noticias que poidan estar asociadas como inauguracións, renovacións, aperturas en horarios no habituais, concursos, etc.; de modo que facilite información frecuente sobre o comercio de Viana.

Tamén queremos que sexa dinámica, polo que todos os contidos, así como o directorio de empresas irase actualizando segundo as demandas das propias empresas.

A partires deste momento convidamos as empresas e a toda actividade comercial a participar a involucrarse para que esta ferramenta se poda por en funcionamento canto antes e sirva de elemento dinamizador dos nosos sectores económicos.

Traballamos por Viana!

Moito ánimo!

Viana do Bolo 15 de maio do 2020