BANDO INFORMATIVO

CAZA E PESCA DEPORTIVA E RECREATIVA

 

En relación á Orde do Ministerio de Sanidade 414/2020, do 16 de maio, esta Alcaldía,

INFORMA

PRIMEIRO. A práctica da caza e da pesca deportiva e recreativa volve a estar permitida a partires de hoxe, 18 de maio de 2020.

 

SEGUNDO. En todo caso deberá respectarse a distancia de seguridade de dous metros e as medidas de hixiene e prevención establecidas polas autoridades sanitarias, e en particular:

  1. Cando non sexa posible manter a distancia de seguridade establecida, será obrigatorio o uso de máscara.
  2. Non se compartirán utensilios de caza ou pesca, nin de comida ou bebida.
  3. O vestiario deberá ser limpado e desinfectado após do seu uso, de acordo coas instrucións recollidas no artigo 9 da Orde 414/2020.

 

TERCEIRO. Para o desenvolvemento da actividade cinexética organizada que implique a mais dun cazador, deberá disporse dun plan de actuación por parte do responsable, no que se detallen as medidas de prevención e hixiene a observar.

 

       O que se fai público para xeral coñecemento en Viana do Bolo, a 18 de maio de 2020.

Descargas