BANDO INFORMATIVO
USO OBRIGATORIO DE MÁSCARA
En relación á Orde do Ministerio de Sanidade 422/2020, de 19 de maio, pola que se regulan as condicións para o uso obrigatorio de máscara durante a situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, esta Alcaldía,
INFORMA
PRIMEIRO. A partires do día 21 de maio de 2020, o uso de máscara é obrigatorio por parte das persoas maiores de 6 anos na vía pública, espazos ó aire libre e en calqueira espazo pechado de uso público ou que se atope aberto ó público, sempre que non sexa posible manter unha distancia interpersoal de canto menos dous metros.
A tales efectos, entenderase cumprida esta obriga mediante o uso de calqueira tipo de máscara, preferentemente hixiénicas e quirúrxicas, que cubran o nariz e a boca.
SEGUNDO. Non será obrigatorio o uso de máscara nos seguintes supostos:
a)Persoas que presenten algún tipo de dificultade respiratoria que poida verse agravada polo uso de mascarilla.
b)Persoas nas que o uso de mascarilla resulte contraindicado por motivos de saúde debidamente xustificados, ou pola súa situación de discapacidade ou dependencia presenten alteracións de conducta que fagan inviable a súa utilización.
c)Desenvolvemento de actividades nas que, pola propia natureza de éstas, resulte incompatible o emprego de mascarilla.
d)Causa de forza maior ou situación de necesidade.
O que se fai público para xeral coñecemento en Viana do Bolo, a 20 de maio de 2020.
O Alcalde. Secundino Fernández Fernández.
Asinado dixitalmente á marxe.