Xa rematado o prazo de presentación de textos e vídeos da actividade “Relatos dende o Confinamento”, dende o Concello de Viana do Bolo, queremos agradecer a alta participación da rapazada vianesa nesta iniciativa coa que pretendíamos homenaxear a nosa lingua e as nosas letras.
A partir de mañá e durante toda a fin de semana publicaremos na páxina web do Concello de Viana do Bolo os textos e vídeos (estos últimos serán publicados tamén nos perfís en Redes Sociais do Concello), para que todos/as poidamos gozar do talento e creatividade da nosa cativada.
Durante a vindeira semana os/as participantes serán avisados/as para recoller os seu “bono-agasallo”, que poderán utilizar no comercio vianés.

