BANDO INFORMATIVO

NOVA NORMALIDADE – ESTABLECEMENTOS COMERCIAIS E DE HOSTALARÍA

 

En relación á Resolución do 12 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se dá publicidade do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de  020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade., esta Alcaldía,

INFORMA

PRIMEIRO. A partires de hoxe, luns, 15 de xuño, a Comunidade Autónoma de Galicia supera a fase III do Plan para a transición cara unha normalidade, o que supón o levantamento das medidas derivadas do estado de alarma. Porén, todos os cidadáns e os titulares de calqueira actividade deberán respectar unha serie de medidas de prevención até o levantamento da declaración de situación de emerxencia sanitaria de interese galego efectuada polo Acordo do Consello da Xunta do 13 de marzo de 2020.

SEGUNDO. Deberá cumplirse o mantemento dunha distancia de seguridade de, canto menos, 1,5 metros ou, na súa falta, empregar medidas alternativas de protección física con uso de máscara, de hixiene adecuadas e etiqueta respiratoria.

TERCEIRO. Os establecementos e locais con apertura ó público realizarán, polo menos unha vez ao día, unha limpeza e desinfección das instalación, con especial atención ás zonas de uso común e ás superficies de contacto mais frecuentes. O aforo dos locais e establecementos comerciais retallistas non poderá superar o 75% da súa capacidade total.

Fomentarase o pagamento con tarxeta ou outros medios que non supoñan contacto físico entre dispositivos, e deberase por á disposición do público dispensadores de xeles hidroalcohólicos ou desinfectantes con actividade virucida.

CUARTO. Os establecementos de hostalaría e restauración non poderán superar o 75% da súa capacidade para consumo no interior do local, que poderá realizarse en barra ou sentado en mesa. As terazas ao aire libre limitarán a súa capacidade ao 80% das mesas permitidas na correspondente licencia municipal.

Ademáis das medidas xenéricas de hixiene e prevención, deberá realizarse unha limpeza e desinfección do equipamento, en particular de mesas, cadeiras, barra, así como calqueira superficie de contacto, de xeito frecuente. Deberase proceder á limpeza e desinfección do local canto menos unha vez ó día.

 

O que se fai público para xeral coñecemento en Viana do Bolo, a 15 de xuño de 2020.

 

O Alcalde. Secundino Fernández Fernández.

Asinado dixitalmente á marxe.

Descargas