Ludoteca e Campamento de Verán
Ante a actual situación provocada pola Covid 19 dende Concello de Viana do Bolo e o Centro de Información á Muller (CIM) debemos levar a cabo medidas e políticas de intervención que permitan paliar na medida do posible os efectos negativos desta pandemia no que a conciliación se refire.
Por iso propoñemos unha serie de cambios e modificacións nos programas de conciliación para este verán 2020.Como novidade, este ano as Actividades Infantís de Verán terán unha maior duración no tempo (4 semanas) e un horario máis extenso (4 horas diarias) para dar cobertura a meirande parte do mes de xullo e a metade de agosto.
A organización das actividades tamén será diferente (seguindo as normas e protocolos marcados polos organismos autonómicos e estatais). O obxectivo é ofrecer confianza e seguridade as familias sen renunciar á diversión dos/as máis cativos/as da casa.
Ximkanas, rastrexos, actividades temáticas, teatro, natureza, deporte, artes, música, festas, xogos de auga…Todo está preparado para unha “nova normalidade” na que @s rapaces poidan por fin gozar o seu verán
O prazo de inscrición para as actividades está aberto dende o vindeiro luns 29 de xuño ata o xoves 2 de xullo.
A continuación podedes descargar as follas de inscrición para cada unha das actividades e a información relativa á organización das actividades deste ano
(É IMPRESCINDIBLE LER A INFORMACIÓN ANTES DE INCRIBIRSE)

