BANDO INFORMATIVO

REAPERTURA DOS PARQUES INFANTÍS

 

        En relación á Resolución do 25 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se dá publicidade do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 25 de xuño de  020, polo que se introducen determinadas modificacións nas medidas de prevención previstas no Acordo do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade.

INFORMA

        PRIMEIRO. A partires de hoxe, luns, 29 de xuño, procederase á reapertura dos parques infantís sitos na Rúa Ferradal, na Estrada da Rúa, e na Rúa do Sarito, de acordo coas condicións sinaladas na citada Resolución da Consellería de Sanidade. A tal efecto, a capacidade máxima de cada parque limitarase a unha persoa por cada 3 metros cadrados de espazo computable de superficie do recinto.

        SEGUNDO. Deberán observarse as debidas medidas de seguridade e prevención, mantendo unha distancia de seguridade de 1,5 metros ou, no seu defecto, portar máscara. Recoméndase, así mesmo, acudir provisto de xel hidroalcohólico ou desinfectante con actividade virucida.

        TERCEIRO. O Concello de Viana do Bolo procederá diariamente á limpeza e desinfección das áreas de contacto das zonas común, tales como zonas infantís, aparatos de actividade física e mobiliario urbano en xeral.

        CUARTO. O cumprimento destas medidas será lembrado os/as usuarios/as mediante cartelería informativa elaborada a tal efecto.

     

   Para información ampliada e acceso á normativa, podes consultar a páxina web do Concello de Viana do Bolo (www.vianadobolo.gal).

        O que se fai público para xeral coñecemento en Viana do Bolo, a 29 de xuño de 2020.

 

 

Descargas