
O 15 de outubro celébrase o "DÍA DA MULLER RURAL". Con motivo desta data, o Concello de Viana do Bolo a través do seu Centro de Información á Muller (CIM) organiza unha serie de actividades para tódolos gustos e idades:
Música e poesía, obradoiros infantís e un documental son algunhas das actividades que temos preparadas para a segunda semana de outubro.

