BANDO INFORMATIVO
COVID-19. GROMO EN VIANA DO BOLO
O SERGAS confirma un gromo de COVID-19 con seis positivos
En relación as ultimas novas relacionadas co COVID-19 en Viana do Bolo dende o Concello de Viana do Bolo expresamos:
Esta alcaldía recibiu información oficial do SERGAS Xunta de Galiza, responsábel do sistema sanitario galego, no día de hoxe, luns 17 de agosto, no que se expresaba o seguinte:
Confírmase un gromo de seis persoas afectadas polo COVID-19. Estas persoas, de momento non necesitaron hospitalización, están todas no seu domicilio en corentena. Todos os afectados pertencen ao mesmo grupo familiar.
Tamén se me comunicou que se están realizando probas diagnósticas a todas as persoas que estiveron en contacto seguindo os protocolos médicos que ten establecido a Consellería de Sanidade da Xunta de Galiza. Tamén se activou o protocolo de rastrexo destes casos. Lembróuselles que deben permanecer en corentena e no caso de ter calquera sintomatoloxía ou dúbida deben pórse en contacto cos servizos sanitarios.
Neste complicado momento o primeiro é darlle moito ánimo as persoas infectadas así como desexarlles unha pronta recuperación e pornos a súa disposición para axudar no que precise a nivel persoal. Dita disposición para axudar xa foi posta no coñecemento das autoridades sanitarias da Xunta de Galicia. Dende o Concello tamén nos pomos a súa disposición para facilitarlles comida, menciñas, etc ou calquera cousa que necesiten para así pasar esta corentena.
Dende o concello animamos a todas as veciñas e veciños de Viana do Bolo a seguir cumprindo as normas, a manter e intensificar as medidas de protección persoal, usar a máscara, lavar as mans, manter a distancia de seguridade e demais normas de protección.
Protexéndonos nos tamén protexemos aos demais!
Quero transmitir tamén que dende o Concello estamos a disposición de toda a veciñanza para o que precisen. É o momento de traballar todos xuntos para vencer esta pandemia para voltar con mais enerxía e ganas de gozar, vivir e traballar na nosa querida Viana!
Moito ánimo!!
O que se fai público para o xeral coñecemento en Viana do Bolo a 17 de agosto do 2020.