
O Concello de viana do Bolo, a través do CIM, convoca o Concurso Fotográfico “Mulleres de Viana en primeira plana”, cuxa finalidade é coñecer e recoñecer o papel das mulleres na comarca de Viana do Bolo, darlles visibilidade e facerlles unha pequena homenaxe con motivo do Día da Muller Rural que se celebra o 15 de outubro.
Consulta as seguintes Bases e participa!!