Viana do Bolo celebra as súas IV Xornadas Micolóxicas o sábado 27 de outubro.

Unha xornada que dará comezo ás 9:30h dende a Casa da Cultura, o punto de encontro dende o que partirá unha saída ao monte guiada por persoal experto en micoloxía na busca de cogumelos. Tras a recollida dos cogumelos terá lugar, de novo na Casa da Cultura, unha charla explicativa e clasificación dos exemplares recolectados. 

Para finalizar a xornada, haberá unha degustación e cea dos cogumelos atopados. 

O prazo de inscrición para participar é dende o 18 ata o 25 de outubro, ámbolos dous días incluídos.