BANDO INFORMATIVO:
COVID-19 EN VIANA DO BOLO
En relación á situación do COVID-19 no Concello de Viana do Bolo, esta Alcaldía desexa informar que, tras contactar coa Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade en Ourense, comunicouse que a positividade das probas PCR realizadas ós contactos dos afectados polos gromos de COVID-19 foi practicamente nula.
Neste contexto, recórdase ós e ás veciños/as de Viana do Bolo a necesidade de manter asa medidas de hixiene persoal e colectiva (lavado de mans con auga e xabón ou xel hidroalcohólico, e uso de máscara) así como a necesidade de manter a debida separación entre persoas. Ademais, e dado que os gromos detectados tiveron a súa orixe en reunións familiares ou sociais, prégase que se limiten este tipo de reunións familiares.
Na actualidade continúase coa desinfección de rúas tanto da Vila de Viana como dos distintos núcleos rurais. A nova administración do Servizo Galego de Saúde segue sen facilitar a esta Alcaldía as cifras concretas de número de afectados, de gromos existentes, nin de persoas que se atopan en situación de confinamento ou corentena, amparándose na Lei Orgánica de Protección de Datos de Carácter Persoal. Reitérase que os datos e cifras concretas non serán comunicadas a esta Alcaldía a non ser que a situación sexa considerada crítica.
O que se fai público para o xeral coñecemento en Viana do Bolo a 17 de setembro do 2020.