Podes solicitar Cita Previa para a túa Oficina de Emprego no seguinte enlace:
https://emprego.xunta.es/citaprevia/

 
Os trámites para os que está habilitada a cita previa presencial son os seguintes: 

  • Inscrición inicial da demanda de emprego, para aquelas persoas que nunca estivesen inscritas como demandantes. 
  • Modificación, actualización e outros trámites relativos á túa demanda de emprego, así como obtención de informes.
  • Orientación, asesoramento e acreditación da busca activa de emprego para a solicitude de subsidios ou outras rendas.
  • Formación para emprego (cursos ou obradoiros de emprego).

 

 

IMPORTANTE! LEMBRA QUE:

  • Como medida para as persoas demandantes de emprego e evitar desprazamentos, a renovación da demanda de emprego non será necesaria ata a partir do día 31 de decembro de 2020, polo que non é necesario pedir cita nin acudir á oficina de emprego para renovar a túa demanda.  A solicitude e tramitación de prestacións e subdisios por desemprego é competencia do Servicio Público de Emprego Estatal (SEPE), polo que se o que necesitas é solicitar cita para eses trámite deberás facelo a través da súa páxina web: https://sede.sepe.gob.es/contenidosSede/generico.do?pagina=proce_ciudadanos/cita_previa.html

 

  • Por outra banda, seguiremos fomentando a atención telemática e telefónica para que poidas realizar os teus trámites sen desprazamentos nin esperas innecesarias. Se coidas que necesitas asesoramento ou axuda para empregar os nosos servizos telemáticos solicita o novo Programa de Titorización Dixital Básica para persoas demandantes de emprego ao teu persoal orientador ou, telefonicamente, á túa oficina de emprego.

Descargas