En relación á situación do COVID-19 no Concello de Viana do Bolo, esta Alcaldía desexa informar que, tras contactar coa Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade en Ourense, comunicouse que seguen a practicarse as probas PCR ás veciñas e veciños de Viana de acordo cos requirimentos dos Servizos Sanitarios, as cales continúan a resultar negativas na súa maioría. Na actualidade non está activo ningún gromo de COVID-19 no noso Concello, existindo unicamente algúns casos positivos illados.
Neste contexto, recórdase ós e ás veciños/as de Viana do Bolo a necesidade de manter asa medidas de hixiene persoal e colectiva (lavado de mans con auga e xabón ou xel hidroalcohólico, e uso de máscara) así como a necesidade de manter a debida separación entre persoas. Ademais, e dado que os casos detectados tiveron a súa orixe en reunións familiares ou sociais, prégase que se limiten este tipo de reunións familiares.
Na actualidade continúase coa desinfección de rúas tanto da Vila de Viana como dos distintos núcleos rurais. A nova administración do Servizo Galego de Saúde segue sen deixar facilitar as cifras concretas de número de afectados, de gromos existentes, nin de persoas que se atopan en situación de confinamento ou corentena, amparándose na Lei Orgánica de Protección de Datos de Carácter Persoal.
O que se fai público para o xeral coñecemento en Viana do Bolo a 28 de setembro do 2020.