Convocado polo Concello de Viana do Bolo, a través de la Concellería de Servizos Sociais e Igualdade, o pasado luns 5 de outubro celebrouse o fallo do concurso fotográfico ‘Mulleres de Viana en primeira plana’. Un certame que buscaba instantáneas nas que puideran apreciarse os valores, que acompañan ás mulleres vianesas, como son o esforzo, compañeirismo, traballo en equipo, compromiso, entre outros.
A esta edición presentáronse un total de 13 fotografías firmadas por 8 autores e autoras, procedentes de distintos lugares. O xurado estivo presidido por la Concellería de Servizos Sociais e Igualdade, Ramona García Méndez; e contou coa participación de Estela Barone, fotógrafa profesional, Rosa María Estévez, mestra de artes plásticas no CEIP Bibei; Jesús Salgado, periodista e Sara Feijóo, do “Centro de Información á Muller” de Viana, que actuou como Secretaria.
O primeiro premio se foille adxudicado a Paulo Joaquín García Eléxpuru, pola súa obra “A cuba do esforzó”
O segundo premio foi para Clara Ortega Fernández, pola súa obra “Pastora”
O terceiro premio recaeu en Cristina Fernández Hernández, pola súa obra “Paseo nas nubes”
Cada un deles recibirá 300, 200 e 100 euros, respectivamente e un agasallo
Dendo o Concello agradecemos a todas as persoas que participaron no concurso a súa aportación.