Día das Mulleres do Rural
O 18 de decembro de 2007, a Asemblea Xeral da Organización das Nacións Unidas estableceu o 15 de outubro como Día Internacional das Mulleres Rurais co obxectivo de recoñecer ás mulleres rurais pola súa contribución ao desenvolvemento rural e agrícola, erradicación da pobreza e mellora da seguridade alimentaria.
As mulleres rurais representan máis de 1/3 da poboación mundial e o 43% da forza de traballo agrícola. Aran a terra e plantan sementes que alimentan a nacións enteiras. Ademais, garanten a seguridade alimentaria das súas poboacións e axudan a preparar as súas comunidades para o cambio climático.
Non obstante, como sinala a ONU, menos do 30 % das persoas que posúen terras agrícolas son mulleres. As mulleres rurais sofren desproporcionadamente múltiples aspectos da pobreza e a pesar de ser tan produtivas e boas xestoras como as seus homólogos masculinos. Non teñen o mesmo acceso a terras, créditos, materiais agrícolas, mercados, etc. Tampouco gozan dun acceso equitativo aos servizos públicos, como educación e asistencia sanitaria, nin a infraestruturas, como auga e saneamento.
As barreiras estruturais e as normas sociais discriminatorias continúan limitando o poder das mulleres rurais na participación política dentro das súas comunidades e fogares. O seu traballo é invisible e non remunerado, a pesar de que as tarefas aumentan e se endurecen debido á migración dos homes. En todo o mundo, con poucas excepcións, todos os indicadores de xénero e desenvolvemento mostran que as mulleres do rural están en peores condicións que os homes rurais e as mulleres urbanas.
Ademais, a situación empeora porque os efectos do cambio climático nos recursos naturais e produtivos agravan as desigualdades de xénero nas zonas rurais.
Dende a Concellería de Servizos Sociais e Igualdade e o Centro de Información á Muller (C.I.M) de Viana do Bolo, queremos recoñer e agradecer con esta pequena exposición a labor de todas as mulleres que formaron e forman parte da nosa vila e renderlles unha pequena homenaxe...
... porque as Mulleres do Rural somos “MOITAS E DIVERSAS”!!!