BANDO INFORMATIVO
SITUACIÓN DA RESIDENCIA DE MAIORES DE VIANA DO BOLO

 

Despois de detectarse un caso positivo en COVID-19 nun traballador da Residencia de Maiores da Terceira Idade de Viana do Bolo a finais da semana pasada, por parte do Sergas veuse realizando, ó longo dos últimos días, un minucioso rastrexo en devandito Centro.

Como consecuencia, esta Alcaldía desexa informar que o Servizo  Galego de  Saúde e a Fundación  Valdegodos comunicounos que, tras recibir os resultados á primeira hora da tarde do cribado mediante probas  PCR realizado no día de onte, confirmáronse novos positivos en 3 traballadores e 5 residentes do Centro.

Asemade, a Residencia de Maiores informa que durante a realización dun control Interno por aparecer un positivo nun traballador, xa detectara tamén outro caso positivo nun  residente, que inicialmente foi illado dentro da Residencia e que actualmente está ingresado no Hospital Comarcal do Barco de Valdeorras.

Nese mesmo comunicado, infórmannos tamén, que durante ese primeiro  cribado apareceron outros dous traballadores contaxiados. E indican tamén, que os tres son  asintomáticos e atópanse confinados nas súas casas.

Por tanto, despois de informar destes resultados ás persoas contaxiadas e os seus familiares, queremos informar as nosas veciñas e veciños de Viana do Bolo, que o número total de persoas contaxiadas na Residencia de maiores de Viana do Bolo, ascende a 6 residentes e 6 traballadores.

Desde este  Concello, queremos alentar e confortar, tanto aos traballadores, aos residentes e  á Dirección do Centro, para que sigan tomando todas aquelas medidas de illamento e desinfección, en aras de conseguir que non aparezan novos casos.

E ás veciñas e veciñas de Viana do Bolo, pregar que se implementen máis aínda as medidas de hixiene persoal e colectiva (lavado de mans con auga e xabón ou xel  hidroalcohólico, e uso de máscara) así como a necesidade de manter a debida separación entre as persoas. Ademais, tamén se roga que se limiten o máximo as reunións familiares e  que non se realicen reunións sociais.

O que se fai público para xeral coñecemento, en Viana do Bolo, a 22 de outubro de 2020.

Descargas