
O vindeiro xoves 25 de outubro terá lugar a Presentación da nova etapa da Biblioteca Pública Municipal de Viana do Bolo.
O acto consitirá nunha pequena charla- coloquio impartida polo profesorado dos centros de ensino IES Carlos Casares e CEIP Bibei.
Con esta actividade preténdese dar a coñecer aos veciños/as de Viana do Bolo a renovación e ampliación dos fondos bibliográficos que tivo lugar nos últimos 2 anos. Esta renovación consistiu na adquisición de máis de 400 novos volumes que xa están dispoñibles na Biblioteca Municipal. Trátase de literatura de calidade dirixida a un público de diferentes idades e preferencias (dende literatura clásica, novos/as autores/as, poesía, narrativa, teatro, ensaio, libro ilustrado,etc.)
Durante o acto tamén terá lugar a presentación do novo carné de socio/a que se estreará no mes de novembro con moitas e interesantes novidades e vantaxes para os/as interesados/as nel.
Por último, e como novidade, daremos a coñecer a programación anual da BPM, que consitirá na organización de actividades de carácter mensual para o fomento e animación á lectura dirixidas a tódolos/as veciños/as de Viana do Bolo.
Non vos perdades este acto onde todos/as poderedes participar e aportar ideas e melloras para esta nova etapa da Biblioteca Municipal de Viana do Bolo!!

