BANDO INFORMATIVO
En relación á situación actual da crise sanitaria polo COVID-19 no Concello de Viana do Bolo, esta Alcaldía desexa informar á veciñanza que o Servizo Galego de Saúde vén de comunicar, na tarde de hoxe, os resultados actualizados en canto a número de contaxios, confirmándose un caso mais que supón un total de 25 positivos.
Dende o SERGAS comunícase que o Concello de Viana do Bolo sitúase no Nivel 2 de alerta epidemiolóxica, e que as restricións anunciadas no día de hoxe polo Presidente da Xunta de Galicia non nos resultan de aplicación. Porén, é necesario manter as medidas de protección habituais: uso de máscara, lavado frecuente de mans, e distancia de seguridade; así como limitar ao máximo as reunións familiares e sociais, que continúan restrinxidas a un máximo de 5 persoas. Ademáis, continúan en vigor as limitacións á mobilidade en horario nocturno, de 23:00 a 6:00 horas.
Por outra banda, dende o Concello de Viana do Bolo lamentamos o falecemento dunha residente da Residencia de Maiores da Terceira Idade, e desexamos trasladar as condolencias desta Corporación ós seus familiares e amigos, e manifestar o noso profundo pésame nesta difícil situación.
O que se fai público para xeral coñecemento, en Viana do Bolo a 4 de novembro de 2020.