O Concello de Viana do Bolo atópase en proceso de redacción dun Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sustentable, a fin de dar cumprimento ós compromisos adquiridos como Concello firmante do Pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía Sustentable (PACES).  Este Plan de Acción ten por obxectivos establecer unha estratexia xeral para a reducción de emisións de CO2 e do consumo de enerxía, o fomento do emprego de enerxías sustentábeis e de medios alternativos de moblidade e a formación e concienciación á veciñanza nestes aspectos.
 
A redación deste Plan é posible grazas ó apoio financieiro da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia no marco do programa Xacobeo 2021, ao abeiro do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional FEDER , a fin de dar cumprimento ó obxetivo "Frear o cambio climático".