BANDO INFORMATIVO

       

      En relación á situación actual da crise sanitaria polo COVID-19 no Concello de Viana do Bolo, esta Alcaldía desexa informar á veciñanza que o Servizo Galego de Saúde vén de comunicar, no día de hoxe,  os resultados actualizados en canto a número de contaxios, confirmándose un descenso no número de casos, situándonos actualmente nun total de 19 positivos. Dende o SERGAS comunícase que o Concello de Viana do Bolo continúa a situarse no Nivel 2 de alerta epidemiolóxica,

 

            Por outra banda, en relación ó Decreto 179/2020, do 4 de novembro, do Presidente da Xunta de Galicia, polo que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada no marco do estado de alarma declarado polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2, esta Alcadía desexa informar á veciñanza das medidas aplicables a toda Galicia dende as 00.00 h do día de onte, 5 de novembro:

  • Recoméndase ás persoas maiores de 75 anos, vulnerables e enfermos respiratorios que non saian dos seus fogares nas horas de alta concentración de persoas.
  • Os grupos en espazos públicos e privados, tanto pechados como ao aire libre, limítanse a máximo 6 persoas, salvo que todas elas sexan convivintes. Exceptúanse as actividades laborais, educativas, institucionais, e o deporte federado.
  • Aforo máximo do 50%, entre outros, en: mercadillos, establecementos comerciais e de servizos; actividades educativas e de lecer infantil; hostalaría e restauración (consumo sempre sentado, e terrazas ao 75%); hoteis, aloxamentos e albergues; bibliotecas, arquivos e museos; cines, teatros, auditorios etc. (max. 60 personas en lugares pechados, e 150 ao aire libre); instalacións deportivas; espazos públicos, parques infantís, zonas deportivas, etc; actividades ó tempo libre; centros cívicos e sociais; e lugares de culto.
  • Mantense en todo o territorio a restrición á mobilidade nocturna en horario de 23:00 a 6:00 h.

 

 

            O que se fai público para xeral coñecemento, en Viana do Bolo a 6 de novembro de 2020.

Descargas