BANDO INFORMATIVO

             En relación á situación actual da crise sanitaria polo COVID-19 no Concello de Viana do Bolo, esta Alcaldía desexa informar á veciñanza que o Servizo Galego de Saúde vén de comunicar no día de hoxe os resultados actualizados en canto a número de contaxios, continuando a tendencia á baixa no número de casos, situándonos actualmente nun total de 12 positivos.

 

            Porén, é necesario manter as medidas de protección habituais:  emprego de máscara, lavado frecuente de mans e distancia de seguridade; así como  limitar   ao   máximo   as   reunións familiares e sociais, que, lembremos, están restrinxidas a 6 persoas, salvo convivintes. Ademais, Alcadía desexa recordar á veciñanza as medidas aínda aplicables en toda Galicia até as 15:00 horas do 4 de decembro:

  • Recoméndase ás persoas maiores de 75 anos, vulnerables e enfermos respiratorios que non saian dos seus fogares nas horas de alta concentración de persoas.
  • Os grupos en espazos públicos e privados, tanto pechados como ao aire libre, limítanse a máximo 6 persoas, salvo que todas elas sexan convivintes. Exceptúanse as actividades laborais, educativas, institucionais, e o deporte federado.
  • Aforo máximo do 50%, entre outros, en: mercadillos, establecementos comerciais e de servizos; actividades educativas e de lecer infantil; hostalaría e restauración (consumo sempre sentado, e terrazas ao 75%); hoteis, aloxamentos e albergues; bibliotecas, arquivos e museos; cines, teatros, auditorios etc. (max. 60 persoas en lugares pechados, e 150 ao aire libre); instalacións deportivas; espazos públicos, parques infantís, zonas deportivas, etc; actividades ó tempo libre; centros cívicos e sociais; e lugares de culto.
  • Mantense en todo o territorio a restrición á mobilidade nocturna en horario de 23:00 a 6:00 h.

 

             O que se fai público para xeral coñecemento, en Viana do Bolo a 13 de novembro de 2020.

Descargas