Un ano máis, o Concello de Viana do Bolo conmemora o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller, renovando o seu compromiso e esforzo á hora de apoiar e promover medidas que promovan, por un lado, a igualdade real entre homes e mulleres e, polo outro, a eliminación da violencia machista en todas as súas formas e manifestacións.
A campaña, que este ano se trasladará dun xeito moi importante ás Redes Sociais, ten como lema "25N: ANTE A VIOLENCIA NON TAPES A BOCA" e xira en torno a unha idea fundamental: a importancia da implicación de toda a veciñanza na loita contra esta lacra.
Hoxe comezamos co reparto de máscaras e material informativo da campaña en institucións e organismos oficiais (Centros de ensino, Garda Civil, Oficina de Emprego, Xulgado, etc.).
Se ti tamén queres facerte coa túa máscara acude ás Oficinas do CIM!