BANDO INFORMATIVO
En relación á situación actual da crise sanitaria polo COVID-19 no Concello de Viana do Bolo, esta Alcaldía desexa informar á veciñanza que o Servizo Galego de Saúde vén de confirmar que, a día de hoxe, 4 de decembro, contamos con 1 caso positivo no noso Concello.
Coma se ven indicando en tódalas publicacións desta Alcaldía, continúa a ser necesario manter as medidas de protección habituais: emprego de máscara, lavado frecuente de mans e distancia de seguridade; así como limitar ao máximo as reunións familiares e sociais, que, lembremos, están restrinxidas a 6 persoas, salvo convivintes.
O que se fai público para xeral coñecemento, en Viana do Bolo a 4 de decembro de 2020.