Dende o Concello de Viana do Bolo presentámosvos un Programa de Nadal adaptado ao momento no que vivimos. Un programa que trata de reflectir os valores que estas datas chaman ás nosas portas e que, por atoparnos nunha situación delicada, non debemos esquecer. Non obstante, o primeiro que hai que afirmar é que todas e cada unha das actividades programadas levaranse a cabo cunha exquisita minuciosidade en relación ás recomendacións sanitarias que existan no momento de levalas a cabo.A poboación de Viana do Bolo debe saber que pode asistir a cada acto programado coa tranquilidade de que se levarán a cabo as medidas oportunas para que poidan gozar destas máxicas datas sen medo. 

Porque é Nadal, porque nos gusta o Nadal.
Este programa é para ti.
Agardando que disfrutedes destas festas con ledicia, corazón e sobre todo responsabilidade. Non o esquezas, moita responsabilidade. 
Felices Festas. 

Descargas