Dende o Concello de Viana do Bolo procedeuse á execución do proxecto "Equipamento para a mellora da Casa da Cultura" consistente na instalación de equipamento escénico, de son e iluminación, e equipamento para a mellora da Biblioteca.
Esta actuación está co-financiada con cargo ás Subvencións da Consellería de Cultura, Educación e Universidade destinadas ó equipamento e mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais polas Entidades Locais de Galicia (Orde do 31/12/2019).