BANDO INFORMATIVO
COVID-19 EN VIANA DO BOLO E NOVAS MEDIDAS


Esta Alcaldía desexa informar á veciñanza das principais medidas adoptadas polas autoridades sanitarias galegas en relación á celebración das Festas do Nadal:

  • Establécese o peche perimetral de Galicia entre o 23 de decembro e o 6 de xaneiro, se ben permítese o reagrupamento familiar.
  • As reunións serán dun máximo de 6 persoas, sen que computen os nenos e nenas menores de 10 anos. Recoméndase que as reunións se celebren dentro do ámbito da unidade familiar de convivintes, e cun máximo en calquera caso de dous núcleos familiares.
  • Durante todo o Nadal continúa vixente a restrición á mobilidade nocturna entre as 23:00 e 6:00 horas, a excepción dos días de Noiteboa e Noitevella, en que se retrasa á 1:30.
  • Recoméndase que, durante as celebracións se manteña posta a máscara e que a mesa permita unha distancia de 1,5 metros entre comensais.

 

Por outra banda, en relación á situación actual do COVID-19 no Concello de Viana do Bolo, o Servizo Galego de vén de comunicar a esta Alcaldía un total de 3 casos positivos. Reitérase a toda a veciñanza a necesidade de manter as medidas de hixiene persoal e colectiva e de manter a debida separación entre persoas.


O que se fai público para o xeral coñecemento en Viana do Bolo a 18 de decembro do 2020.

Descargas