Este ano entre a programación de Nadal contamos con tres fermosos espectáculos de música en directo da man de artistas recoñecidas como: Olga Brañas e Susanna Blanco, María Mendoza e María do Ceo.
As actuacións entran dentro do Programa da Rede de Auditorios da Deputación de Ourense, que cofinancia as actuacións facendo posible a súa realización.
Todas as actuacións serán realizadas dentro do Salón de Actos da Casa da Cultura seguindo todas as medidas de hixiene e seguridade vixentes e limitando o aforo, polo que as persoas que desexen asistir deberán reservar a súa praza no teléfono: 988 329 260


