Despedimos este atípico Nadal 2020-2021 con un fermoso vídeo da escenificación do Belén Vivinte que tivo lugar o 6 de xaneiro de 2021 nas rúas do Cabo da Vila.
O Belén contou coa participación de máis 50 persoas voluntarias pertencentes a varias das Asociacións do noso Concello, que levaron a cabo unha recreación das esceas típicas do Belén: o Portal, a Anunciación, os Reis Magos, carpintería, pousada, mercado, labregos, etc.
 
Dende o Concello de Viana do Bolo, agradecemos unha vez máis a todas as persoas participantes e tamén ás que se achegaron a gozar dunha tarde máxica!

Vídeos