Por fin podemos desvalarvos as persoas gañadoras do Concurso de escaparates de Nadal de 2020.
 
Unha decisión difícil para os tres membros do Xurado, que valoraron entre outras as seguintes características: ambientación temática, orixinalidade, montaxe, complexidade, estética, creatividade e atractivo comercial.
 
🎁🎄☃️ O concurso contou coa participación de 15 establecementos comerciais: Andrea Óptica, Armería Reclamo, Café Bar O Callejón, Centro Terapéutico Benestar, Bazar Vidueira- Don Euro, Calzados Serrano, Cerralga, Floristería Pétalos, Comercial Gonzalo, Ferretería Bricomarc, Fotoclick, Peluquería Jorge Álvarez, Restaurante A Nosa Casa, Pinchacarneira e Dos Mundos.
 
As persoas gañadoras do concurso son:
 
🥇Primeiro premio de 200 € para: Peluquería Jorge Álvarez
 
🥈Segundo premio de 100 € para: Cerralga.
 
Cómpre destacar a grande orixinalidade dos escaparates e o gran traballo non só dos gañadores senón do resto de participantes., aos/ás que agradecemos que lles deran un toque festivo a este Nadal tan atípico.
 
Grazas tamén ás membros do Xurado pola súa aportación e tempo!