Durante este Nadal. o Concello de Viana do Bolo levou a cabo unha campaña de apoio e dinamización do comercio local.
 
A campaña resultou ser un éxito xa que, por un lado, contou coa participaron da meirande parte dos negocios e establecementos comerciais da vila e, por outro lado, durante a mesma repartíronse máis de 11.000 rifas, o que supón un gasto nos comercios vianeses durante este Nadal de máis de 220.000 €. 
 
Recordamos que os premios consistían en:
 
- 3 bonos por importe de 150 €, 100 € e 50 € para gastar en calquera dos establecementos comerciais de Viana.
 
- 17 lotes de productos e agasallos doados polos establecementos participantes.
 
As persoas gañadoras poderán pasar a recoller os seus premios a partir do martes 12 de xaneiro nas Oficinas do Concello de Viana do Bolo. Recordarvos que para recoller o premio debedes traer a vosa rifa premiada en bo estado. 
 
No caso de non presentarse a rifa premiada en 15 días naturais dende a publicación do sorteo (10 de xaneiro) , o premio pasará ao número suplente (consultar a Acta do sorteo)
 
Dende o Concello agradecemos aos establecementos comerciais a súa implicación na campaña, e a toda a veciñanza o apoio ofrecido aos comercios e negocios nestos momentos "complicados" que estamos a vivir. 
 
Grazas tamén a Sara por botar a súa "man inocente" durante o sorteo. 
 
Podedes consultar os números premiados, o vídeo do sorteo e a acta do mesmo nos seguintes enlaces. 
 

Descargas

Vídeos