BANDO INFORMATIVO
SITUACIÓN DA COVID-19 EN VIANA DO BOLO A 25/01/2021

 

En relación á situación do COVID-19 no Concello de Viana do Bolo, dende o Servizo Galego de Saúde vén de comunicarse a esta Alcaldía a existencia de 4 casos positivos no noso Concello.


Nesta situación, lémbrase a importancia de respectar todas as medidas e restricións establecidas polas autoridades competentes, especialmente o uso de máscara, o mantemento da distancia social e a hixiene axeitada de mans. Asemade, dende o Concello de Viana do Bolo lembramos que continúa en vigor o toque de recollemento de 22:00 a 06:00 h, así como ás limitacións a xuntanzas de máis de 4 persoas, salvo convivintes.


O que se fai público para o xeral coñecemento en Viana do Bolo a 25 de xaneiro do 2021.


O Alcalde. Abelardo Carballo Alonso.
Asinado dixitalmente á marxe.

Descargas