En relación á situación actual da crise sanitaria polo COVID-19 no Concello de Viana do Bolo, esta Alcaldía desexa informar á veciñanza que o Servizo Galego de Saúde vén de comunicar os datos actualizados no número de contaxios, rexistrándose, a día de hoxe, un total de 11 positivos.

Lembrar igualmente a necesidade de manter e respectar as medidas de protección habituais:  emprego de máscara, lavado frecuente de mans e distancia de seguridade; así como  limitar   ao   máximo  as reunións fora do grupo de convivencia.

 O que se fai público para xeral coñecemento, en Viana do Bolo a 19 de febreiro de 2021.

Descargas