En relación a situación actual da crise sanitaria polo COVID-19 no Concello de Viana do Bolo, esta Alcaldía desexa informar a veciñanza que o Servizo Galego de Saúde vén de comunicar os datos actualizados no número de contaxios, rexistrándose, a día de hoxe un total de 13 positivos.
Desexándolle as persoas afectadas unha pronta recuperación, lembrámoslles que os Servizos Sociais deste Concello están para axudalas en todo canto precisen, chamando o número 988 329 260.
Do mesmo xeito, poden porse en contacto, no mesmo número, todas as persoas que estes días estén chamadas a vacinarse e teñan problemas para trasladarse ao Centro de Saúde.
As novas restriccións adoptadas onte pola Xunta de Galicia, situán a Viana no nivel 2, e son as seguintes:
- Reunión de ata un máximo de 4 personas non convivientes.
- Reapertura da hostalaría ata as 18:00h, pero só en terrazas e co 50% de aforo.
- Movilidade permitida só entre concellos coa mesma incidencia e no mesmo nivel.
Estas restricións entrarán en vigor a partir do venres 26 de febreiro.
Lembramos igualmente a necesidade de manter e respectar as medidas de protección habituais: emprego de máscaras, lavado frecuente de mans e distancia de seguridade.