O concello informa:

1.- Que as 108 persoas usuarias do programa de axuda no fogar os que se lle realizou as probas de PCR, todas foron negativas.

2º.- Que as 30 auxiliares do programa de axuda no fogar ás que se lle realizou as probas PCR, todas foron negativas e xa están vacinadas coa primeira dosis.

3º.- Que no centro médico da nosa localidade xa comenzou a vacinarse a poboación maior de 80 anos, polo que o noso concello en colaboración coa Cruz Vermella desexa facilitarlle a calquera persoa que presente dificultade para trasladarse ou ben que precise acompañamento, que se poña en contacto cos Servizos Sociais no teléfono: 988 329 260 

4º.- Que no día de hoxe o Sergas notificanos 13 positivos, aos que lle desexamos unha pronta recuperación.

5º.- Que o Concello desexa estar sempre ao servizo dos veciños e veciñas, e sobre todo daquelas persoas que presentan máis dificultades no desenvolvemento das actividades da vida diaria, que se atopan soas e/ou que non teñen medios propios para satisfacer as súas necesidades. Pedimos, pois, a colaboración de todos/as na fase de vacinación e demandamos responsabilidade individual para cumprir as normas sanitarias.


COIDÁNDOTE TI, COIDÁMONOS TODAS E TODOS!!!

Descargas