Un ano máis, o Concello de Viana do Bolo conmemora o Día Internacional das Mulleres (8 de marzo), renovando o seu compromiso e esforzo á hora de apoiar medidas que promovan, por un lado, a igualdade real entre homes e mulleres e, polo outro, a eliminación da violencia machista en todas as súas formas e manifestacións.

Este ano, e debido ás limitacións propias destes tempos complicados que estamos a vivir, as actividades propostas están pensadas tendo en conta as normativas e restricións vixentes, pero sempre coa mesma ilusión e finalidade: implicar a toda a veciñanza vianesa para acadar unha igualdade real. 

 

Descargas