O vindeiro mércores, 3 de marzo ás 11:00 h, celebrarase telemáticamente un Webinar a través da Plataforma de videoconferencias da Xunta de Galicia, no que se explicará cómo, a través da ferramenta Turespazo, os establecementos poderán descargar o cartel necesario para a apertura dos establecementos obrigatorio a partir do 5 de marzo e o uso da plataforma Turespazo.

Para participar, deberán inscribirse premando no seguinte enlace. Posteriormente, deberá rexistrarse pulsando na ligazón "Registrarse" debaixo do logotipo da Xunta de Galicia ou no botón situado ao final desta páxina. Unha vez rexistrado, chegaralle un correo electrónico automático confirmando a inscrición, facilitándoselle a ligazón de acceso ao  webinar. Si non recibe o correo comprobe que non estea na súa carpeta de correo non desexado, máis coñecido como "spam". Se teñen dificultades para conectarse ao evento poderán pedir asistencia no correo: cau-videoconferencias@xunta.gal

Descargas