En relación a situación actual da crise sanitaria polo COVID-19 no Concello de Viana do Bolo, esta Alcaldía desexa informar a veciñanza que o Servizo Galego de Saúde vén de comunicar os datos actualizados no número de contaxios, rexistrándose, a día de hoxe un total de 7 positivos.


As restriccións adoptadas onte pola Xunta de Galicia, situán a Viana no nivel 3, e son as seguintes:
Reunións de ata un máximo de 4 persoas non conviventes,
Mobilidade permitida entre concellos do mesmo nivel.
Apertura da hostalaría: 30% do aforo en interiores e 50% en terrazas, sen barra e ata as 18:00h

Estas restricións entrarán en vigor a partir do venres 5 de marzo.


Dende o Concello seguimos a estar a disposición das persoas afectadas para todo canto precisen e desexámoslles unha pronta recuperación.


Lembramos igualmente a necesidade de manter e respectar as medidas de protección habituais: emprego de máscara, lavado frecuente de mans e distancia de seguridade; así como limitar as reunións fora do grupo de convivencia.

Descargas