En relación a situación actual da crise sanitaria polo COVID-19 no Concello de Viana do Bolo, esta Alcaldía desexa informar a veciñanza que o Servizo Galego de Saúde vén de comunicar os datos actualizados no número de contaxios, rexistrándose, a día de hoxe un total de 2 positivos.

Dende o Concello seguimos a estar a disposición das persoas afectadas para todo canto precisen e desexámoslles unha pronta recuperación.

Por outra banda, informamos da apertura de parques infantís e instalacións deportivas exteriores. 

Lembramos igualmente a necesidade de manter e respectar as medidas de protección habituais: emprego de máscara, lavado frecuente de mans e distancia de seguridade; así como limitar as reunións fora do grupo de convivencia.

 

Descargas