En relación a situación actual da crise sanitaria polo COVID-19 no Concello de Viana do Bolo, esta Alcaldía desexa informar que o Servizo Galego de Saúde vén de comunicar os datos actualizados no número de contaxios, rexistrándose, a día de hoxe 0 positivos.

As restriccións adoptadas onte pola Xunta de Galicia e que afectan ao noso concello (nivel medio-baixo) son as seguintes:

Limitación da entrada e saída de persoas do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia coa finalidade de evitar desprazamentos de poboación que poidan propagar o virus
Mantense a prohibición da mobilidade nocturna entre as 22:00 h e as 6:00 h
Mobilidade permitida entre concellos do nivel medio-baixo.
Hostalería: Capacidade máxima permitida no interior ata o 50 % e nas terrazas ata o 75%. Apertura ata as 21:00 h
Reunións de ata catro persoas en espazos pechados de uso público e de ata seis persoas en espazos abertos de uso público.
Prohibición de encontros entre non conviventes en fogares.

Estas restricións entrarán en vigor a partir do venres 19 de marzo.

A pesares dos bos datos rexistrados actualmente no noso concello, pedimos á veciñanza ser estrictos e rigurosos no cumprimento das medidas acordadas pola Xunta de Galicia

Lembramos igualmente a necesidade de manter e respectar as medidas de protección habituais: emprego de máscara, lavado frecuente de mans e distancia de seguridade; así como limitar as reunións fora do grupo de convivencia.

Descargas