Neste 2021, tras un ano padecendo os efectos da pandemia, dende o Concello de Viana do Bolo queremos acordarnos daqueles e aquelas que están fora coa elaboración dun emotivo vídeo titulado "Saudade" 
 
Recordamos ás fillas e fillos de Viana que durante os últimos meses non puideron gozar das nosas festas, tradicións, paisaxes e sobre todo... das súas familias e amizades. 
 
A todas esas persoas que están desexando visitarnos queremos enviarlles unha mensaxe de esperanza e agarimo e dicirlles que pronto nos volveremos a ver nas rúas e aldeas de Viana!

Vídeos