En relación a situación actual da crise sanitaria polo COVID-19 no Concello de Viana do Bolo, esta Alcaldía desexa informar que o Servizo Galego de Saúde vén de comunicar os datos actualizados no número de contaxios, rexistrándose, a día de hoxe 0 positivos.
A pesares dos bos datos rexistrados actualmente no noso concello, debemos actuar con cautela e, seguindo as recomendacións e restriccións adoptadas pola Xunta de Galicia, suspéndense as actividades programadas para esta Semana Santa.
Lembramos igualmente a toda a veciñanza a necesidade de ser estrictos no cumprimento das normas e a importancia de manter e respectar as medidas de protección habituais: emprego de máscara, lavado frecuente de mans e distancia de seguridade; así como limitar as reunións fora do grupo de convivencia.