Co fin de retomar a normalidade no noso Concello, o próximo martes 13 de abril, volverán celebrarse as Feiras en Viana do Bolo.
Dende o Concello e co obxectivo de garantir as medidas sanitarias de seguridade pola Covid-19, a organización dos postos será a seguinte:
- A separación entre os postos deberá ser de alomenos 4 metros, o que facilitará aos/ás usuarios/as do mercado respectar a distancia mínima de separación de 2 metros entre persoas. Os postos só poderán colocarse nunha das marxes de cada rúa, deixando a outra marxe libre.
- Con respecto ao número de postos de venda, indicar que soamente poderán asistir o 75% dos postos de mercado que habitualmente veñen, tendo preferencia os/as vendedores/as de produtos alimentarios e perecedoiros. Ademais, non se poderá ter aparcado ningún vehículo anexo ao posto de venda. Os postos de venda que non se poidan ubicar nesta feira por motivos de espazo, terán preferencia na seguinte.
- Asimesmo, dentro dun mesmo posto de venda, as persoas responsables do mesmo deberán gardar entre ellas unha distancia mínima de 2 metros, quedando restrinxida a actividade comercial a un único responsable no caso de que as medidas do posto non fagan posible esta separación física.
- Cada posto de venda proporcionará xeles para a limpeza e desinfección dos/as usuarios/as. Tamén, será indispensable o uso de luvas para tocar os produtos en venda.
A Policía Local de Viana do Bolo, velará polo cumprimento da distancia de seguridade e ordenará a colocación dos postos.
Con respecto ás persoas usuarias da feira, será obrigatorio sempre manter a distancia de seguridade de 2 metros, usar en todo momento máscara, evitar cualquera tipo de aglomeración e deberán tentar abonar as súas compras co prezo exacto (na medida do posible).
Con estas medidas, o Concello de Viana do Bolo, pretende garantir que usuarios/as e vendedores/as, poidan exercer a súa actividade con normalidade e seguridade fronte á Covid-19. Ademais, individualmente deben respectarse todas as medidas de protección habituais, apelando á responsabilidade de todos e todas.