Con motivo da celebración da feira, o vindeiro mércores 28 de abril, o Concello


INFORMA


Que as e normas establecidas co obxectivo de garantir as medidas sanitarias de seguridade ante a Covid-19 durante esta actividade son as seguintes:


- A separación entre os postos deberá ser de alomenos 4 metros, o que facilitará aos/ás usuarios/as do mercado respectar a distancia mínima de separación de 2 metros entre persoas. Os postos só poderán colocarse nunha das marxes de cada rúa, deixando a outra marxe libre.


- Asimesmo, dentro dun mesmo posto de venda, as persoas responsables do mesmo deberán gardar entre elas unha distancia mínima de 2 metros, quedando restrinxida a actividade comercial a un único responsable no caso de que as medidas do posto non fagan posible esta separación física.


- Cada posto de venda proporcionará xeles para a limpeza e desinfección dos/as usuarios/as. Tamén será indispensable o uso de luvas para tocar produtos en venda.


A Policía Local de Viana do Bolo, velará polo cumprimento da distancia de seguridade e ordenará a colocación dos postos.


Con respecto ás persoas usuarias da feira, será obrigatorio sempre manter a distancia de seguridade de 2 metros, usar en todo momento máscara, evitar cualquera tipo de aglomeración e deberán tentar abonar as súas compras co prezo exacto (na medida do posible).


Con estas medidas, o Concello de Viana do Bolo, pretende garantir que usuarios/as e vendedores/as, poidan exercer a súa actividade con normalidade e seguridade fronte á Covid-19. Ademais, individualmente deben respectarse todas as medidas de protección habituais, apelando á responsabilidade de todos e todas.


Por último, esta Alcaldía desexa informar á veciñanza que o Servizo Galego de Saúde vén de comunicar os datos actualizados no número de contaxios, rexstrándose, a día de hoxe, un total de 0 positivos.

Descargas