Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, dende o Concello de Viana do Bolo temos preparado un amplo programa de actividades culturais para todas as idades e gustos.
Neste ano 2021, coincidindo co centenario da morte de Emilia Pardo Bazán (o 12 de maio) e coa homenaxe das Letras Galegas á poeta Xela Arias (5ª muller en conseguir esta distinción), a organización desta data foi levada a cabo pola Concellería de Cultura, a Concellería de Igualdade e o Centro de Información ás Mulleres (CIM).
O obxectivo das actividades e recoñecer e reivindicar o papel das nosas escritoras e tamén o papel que moitas mulleres anónimas tiveron na conservación e divulgación da nosa cultura e tradición, tanto de forma escrita coma oral.
Así, entre as actividades levadas a cabo destacan:
- Actividades a través das Redes Sociais: “Aprende coas mulleres galegas”, “Lecturas recomendadas”, campaña “E ti que ves lendo?”
- Mural polo Día da Letras Galegas
- Espectáculo de narración oral coas “As Lavandeiras”
- Representación teatral “Feminísssimas”
- Obradoiros coa poeta galega Yolanda Castaño
- Contacontos ilustrado e musical baseado na vida e obra de Xela Arias
- Roteiro “Viana en Feminino”
** A celebración das actividades pode sufrir modificacións, aprazamentos ou
cancelacións en función das restricións existentes no momento da súa celebración.