De conformidade co establecido no artigo 229 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das entidades locais, faise público que esta alcaldía convocou o Pleno Municipal para a sesión extraordinaria que se celebrará na Casa de Cultura do Concello de Viana do Bolo, debendo respectar as circunstancias excepcionais ocasionadas pola crise sanitaria do COVID-19, que aconsellan a celebración da sesión nun lugar que permita manter as debidas medidas de seguridade e hixiene. ás 12:00 horas do día 7 de maio de 2021, para trata-los asuntos da Orde do Día que figura de seguido:
ORDE DO DÍA
PRIMEIRO.- APROBACIÓN DA ACTA ANTERIOR.
SEGUNDO.- PRÓRROGA DO CONTRATO DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR NO MARCO DA ATENCIÓN Á DEPENDENCIA DO CONCELLO DE VIANA DO BOLO.
TERCEIRO.- MODIFICACIÓN DO ART.7 DO CONVENIO DO PERSOAL LABORAL AO SERVIZO DO CONCELLO DE VIANA DO BOLO.
CUARTO.- MODIFICACIÓN DA PROPORCIONALIDADE DOS MEMBROS DA COMISIÓN INFORMATIVA DE ASUNTOS DO PLENO E DA COMISIÓN INFORMATIVA DE FACENDA E ESPECIAL DE CONTAS.
QUINTO.-DAR CONTA DA APROBACIÓN DA LIQUIDACIÓN DO ORZAMENTO DO EXERCICIO ECONÓMICO 2020.
SEXTO.- MODIFICACIÓN DA ORDENANZA MUNICIPAL DE REGULACIÓN DO TRÁFICO NA VILA DE VIANA DO BOLO.
SÉTIMO.- DAR CONTA DA ADHESIÓN Á REDE GALEGA DE ATENCIÓN TEMPERÁ MEDIANTE CONVENIO ASINADO ENTRE OS CONCELLOS DE VIANA DO BOLO, VILARIÑO DE CONSO, MANZANEDA, A MEZQUITA E RIÓS.
OITAVO.- SELECCIÓN XUÍZ DE PAZ SUBSTITUTO.
NOVENO.- ACEPTACIÓN CESIÓN TERREOS PARA AMPLIACIÓN DO ACCESO DENDE A ESTRADA VILARIÑO A RÚA DO SARITO.