En relación a situación actual da crise sanitaria polo COVID-19 no Concello de Viana do Bolo, esta Alcaldía desexa informar que o Servizo Galego de Saúde vén de comunicar os datos actualizados no número de contaxios, rexistrándose, a día de hoxe 1 positivo.
Por outra banda, as restriccións adoptadas pola Xunta de Galicia e que afectan ao noso concello (nivel medio-baixo) son as seguintes:
1. LIMITACIÓNS DE MOBILIDADE ENTRE CONCELLOS:
- Restricións específicas de mobilidade aos concellos con nivel de restrición máxima
2. LIMITACIÓN DA PERMANENCIA DE GRUPOS EN ESPAZOS PÚBLICOS OU PRIVADOS
- Limítase a permanencia de grupos de persoas a un máximo de catro persoas en espazos pechados e de seis persoas en espazos abertos ao aire libre, agás que se trate de conviventes.
- Entre a 01.00 horas e as 6.00 horas prohíbense os encontros entre non conviventes.
3. ESTABLECEMENTOS DE HOSTALARÍA E RESTAURACIÓN
- No interior: Limitación ao 50% da capacidade máxima permitida. A ocupación máxima será de 4 persoas por mesa ou agrupación de mesas, no caso de persoas non conviventes.
- Non se poderá prestar servizo en barra.
- Nas terrazas ao aire libre: Limitación ao 75% das mesas permitidas. A ocupación máxima será de 6 persoas por mesa ou agrupación de mesas, no caso de persoas non conviventes.
- Os/as clientes/as poden quitar a máscara exclusivamente no momento do consumo.
- Horario do peche ao público : 23.00 horas.
- Horario do peche ao público dos restaurantes: 1.00 horas sempre que cumpran os requisitos establecidos no marco do Plan de Hostalaría segura.
As medidas previstas nesta orde terán efecto desde as 00:00 horas do día 9 de maio de 2021 ata o 22 de maio de 2021
Dende o Concello de Viana do Bolo, pedimos á veciñanza ser estrictos e rigurosos no cumprimento das medidas acordadas pola Xunta de Galicia
Lembramos igualmente a necesidade de manter e respectar as medidas de protección habituais: emprego de máscara, lavado frecuente de mans e distancia de seguridade; así como limitar as reunións fora do grupo de convivencia.