NOTA INFORMATIVA
En relación á situación actual da crise sanitaria polo COVID-19 no Concello de Viana do Bolo, esta Alcaldía desexa informar á veciñanza que o Servizo Galego de Saúde vén de comunicar os datos actualizados no número de contaxios, rexistrándose, a día de hoxe, un total de 2 positivos.
Dende o Concello desexámoslles ás persoas afectadas unha pronta recuperación.
Lembramos igualmente a necesidade de manter e respectar as medidas de protección habituais: emprego de máscara, lavado frecuente de mans e distancia de seguridade; así como limitar ao máximo as reunións fora do grupo de convivencia.