O venres 21 de maio ás 20h terá lugar, na Casa da Cultura de Viana do Bolo, o acto de presentación da web oficial do Entrudio de Viana do Bolo.
Unha web que recollerá información sobre a historia, os días destacados, as personaxes e elementos do noso Entrudio, imaxes, novas, etc. todo o referente á nosa festa máis importante e multitudinaria.
Con esta acción, dende o Concello de Viana do Bolo pretendemos dar a coñecer todo o referente ao que é considerado un dos Entrudios máis antigos de Galicia.
Esperámosvos!!
